quixera preguntar a algunha persoa directamente involucrada en #kayaking e #canoeing , para traducir correctamente ao galego nun programa que usa os dous termos de xeito separado, pero leo na wikipedia que
nalgúns paises europeos úsase de xeito indistinto
e para complicar a cousa parece que ao revés que en inglés (polo menos lendo a wikipedia¹ e as definicións no dicionario ² e ³.
indo á federación galega de piragüismo non parecen estar nestas minucias de definir os tipos de deportes
kayaking, en inglés, parece o que aquí chamamos piragüismo. É dicir, vai sentada a persoa coas pernas estricadas e ten un remo con dúas pas.
canoeing, en inglés, parece o tipo de canoa chamado caiac. Que usan un remo simple, que van en postura máis erguida, polo menos competindo. Pretendo usar remo. Que tamén temós Federación Galega de Remo, pero parecen os traiñeiras.
Fun mirar ao dicionario por mirar, porque total…
Grazas.
¹ https://en.wikipedia.org/wiki/Kayaking
² canoa https://academia.gal/dicionario/-/termo/canoa
³ caiac https://academia.gal/dicionario/-/termo/caiac